Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha axenda dixital para coñecer toda a oferta cultural de Redondela

feminissimas-de-de-ste-xeito-producions

O teatro regresa este sábado ao Auditorio da Xunqueira coa obra “Feminíssimas”

A Concellaría de Cultura reactiva a Axenda de Actividades para que toda a veciñanza poida saber en cada momento a través do seu móbil, tableta ou ordenador, que actos culturais se ofertan no municipio. Agora que Redondela está no nivel 3 de restricións, e tentando axudar ás iniciativas que pouco a pouco vaian xerminando, o concelleiro de Cultura Daniel Boullosa anima a que organismos públicos e privados se sumen a esta iniciativa. As asociacións culturais, veciñais, ANPA de colexios, clubs deportivos ou calquera outro colectivo pode facer chegar as súas propostas ao enderezo electrónico quefacerenredondela@redondela.gal. A axenda é accesible as 24 horas a través da páxina web do Concello. Pódese acceder a ela premendo na propia icona da portada da páxina web ou escaneando algúns dos códigos QR que están repartidos polo municipio. Edificios públicos, locais de hostalaría e comercios xa contan con este adhesivo.

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura
O adhesivo co código QR da axenda pode atoparse en moitos establecementos

Unha das propostas culturais para esta semana é a obra de teatro “Feminísimas”, unha produción de Ste Xeito Teatro, da dramaturga Esther Carrodeguas, que tamén protagoniza a obra xunto a Noelia Blanco e Stephy Llsryora. A historia parte dun congreso feminista onde coinciden tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven. As tres teñen maneiras ben distintas de entender o feminismo.

O teatro regresa ao Auditorio da Xuqueira coa obra Feminíssimas

A peza conta con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analiza de que maneira as mulleres están a convivir neste novo mundo feminista no que se atopan mergulladas. A cita é o sábado, día 13 de marzo, ás 20.00 horas no Auditorio da Xunqueira. As entradas están xa á venda no Multiúsos, a 7 euros para o público en xeral e 5 para estudantes, desempregados e xubilados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará