Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pasa ao nivel baixo de restricións, Pazos ao intermedio e Soutomaior ao máis alto

redondelaZonas

Tal e como se prevía pola situación epidemiolóxica, Redondela pasará a partir do venres ao Nivel 3 de restricións, o máis leve, ao baixar dos 250 casos de incidencia acumulada por cada cen mil habitantes. Así o decidiu o comité clínico de expertos, en función dos datos da pandemia en cada Concello. Outros municipios da comarca cambian tamén a súa situación, pero para peor. Baixan a Nivel 2 Pazos de Borbén e tamén Mos. A situación máis preocupante é a de Soutomaior, que pasa a nivel máximo de restricións coa hostalaría pechada e sen mobilidade. Trátase do único Concello de Galicia que queda nesta situación.

Tras coñecer as decisións dos expertos que asesoran á Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Vigo mantén dous niveis diferentes no plan de desescalada da Xunta de Galicia. A maioría de concellos, como é o caso de Redondela e Vigo, teñen a maior flexibilización de restricións ao atoparse no Nivel 3. Entre as principais medidas están a mobilidade cos municipios que se atopen nesta mesma fase, a apertura de ximnasios ou piscinas ou a apertura da hostalaría con limitación do 50% de aforamento en terrazas e 30% no interior. Doutra banda, Mos, Pazos de Borbén e Mondariz só terán permitida a mobilidade entre as localidades da súa mesma fase -Nivel 2-, deberán pechar ximnasios e piscinas e a hostalaría só poderá abrir en terraza ao 50%.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala que a situación mellorou, pero que segue a ser preocupante, polo que pediu responsabilidade mentres non avance o plan de vacinación.

Niveis de desescalada en Galicia desde o 5 de marzo:

Nivel 3

– Apertura da hostalaría con límite ao 30% no interior e de 50% en terrazas e até as 18:00 horas

– Mobilidade permitida en concellos co mesmo nivel.

– Deporte: Poderán abrir ximnasios e piscinas e permítense os grupos de catro persoas non convivientes e con uso de máscara.

– Reunións cun límite de catro persoas

Concellos da área sanitaria de Vigo neste nivel: Redondela, Moaña, O Porriño, Oia, Covelo, Nigrán, Gondomar, Baiona, A Guarda, Ponteareas, Tui, Salceda de Caselas, Cangas, Tomiño, Fornelos de Montes, Salvaterra de Miño, O Rosal, A Cañiza, As Neves, Arbo e Crecente.

Nivel 2

– Reunións cun límite de 4 persoas non conviventes

– Hostalaría poderá abrir só terraza até as 18:00 horas e con aforamento á 50%

– Mobilidade só con concellos coa mesma incidencia

Concellos da área sanitaria de Vigo neste nivel: Pazos de Borbén, Mos e Mondariz

Nivel 1

– Segue no estado de máximas restricións, entre elas o peche perimetral do concello e peche total da hostalaría. O único Concello galego neste nivel é Soutomaior

As áreas sanitarias de Pontevedra e a Coruña permanecen pechadas, no nivel alto de restricións. Por tanto, os seus habitantes só poden moverse a municipios da súa área na súa mesma situación, e os locais de hostalería poden abrir só as terrazas ao 50% de ocupación.A situación sanitaria actual permitirá a partir do venres que se abra a área sanitaria de Ferrol. Levántase o peche perimetral nos municipios que a conforman e os locais de hostalería poderán reabrir o seu interior cun 30 % de ocupación, ademais da metade de prazas nas súas terrazas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará