Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retómanse as visitas guiadas aos xardíns do castelo de Soutomaior

castelo1

Esta fin de semana comeza a terceira edición das visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia que este ano inclúe como novidade un percorrido polo “Xardín de Camelia con nome de muller” e pola plantación de té. As visitas celebraranse todas as fins de semana do mes de marzo ás 12.00 horas.

Coincidindo coa etapa de floración da camelia e co levantamento das restricións de mobilidade na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha nova edición das visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia no Castelo de Soutomaior.

Amais de coñecer todas as variedades de camelias do xardín, distinguido co selo Observer de turismo científico, a súa orixe, coidados e curiosidades, este ano, como novidade e coincidindo co arranque da programación do 8M, a visita tamén inclúe o percorrido polo “Xardín de Camelia con nome de muller”. Un espazo creado en 2020 onde atopamos variedades de camelia como a María Vinyals, a primeira en plantarse, e á que lle seguiron a camelia Rosalía de Castro, Bella Otero ou Jane Andersen.

Outra das novidades é a visita a plantación de té de camelia na que se explican as diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

As visitas celebraranse todos os sábados e domingos do mes de marzo ás 12 horas e durarán unha hora e media. O custe é de entre 1,5 € (tarifa reducida) e 3 € (tarifa normal). O billete de entrada pódese mercar na web do Castelo de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará