Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“As mulleres tamén somos ciencia” chega este venres aos institutos de Redondela

cientificas

A científica galega María Álvarez Lires e a enxeñeira aeroespacial Xunqueira Ézara manterán un encontro virtual co alumnado de 4º da ESO dos catro institutos locais co obxectivo de animar ás alumnos a que consideren os estudos científicos e técnicos como unha opción para o seu futuro. Na actividade, promovida polas concellerías de Igualdade e Ensino, participarán preto de 200 mozas e mozos que terán que elixir o tipo de bacharelato que van cursar o vindeiro ano.

A doutora en química Álvarez Lires, recoñece que “é preocupante que as rapazas accedan en menor medida ás carreiras científicas, pero non hai investigacións de por que os varóns non acceden a carreiras con etiqueta feminina” . Porén a importancia destas actividades divulgativas para fomentar un estudo igualitario e rachar cos estereotipos no ámbito educativo.

Lires exerce como profesora na UVIGO dende o 2019 no departamento de Didácticas Especiais na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Codirixe o grupo de investigación CIES e é vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade. Xunto a ela, estará Xunqueira Ézara, enxeñeira aeroespacial e natural de Redondela, que é considerada como unha das profesionais con máis proxección no mundo da tecnoloxía . Na actualidade desenvolve un proxecto relacionado cos drons para incrementar o seu tempo de voo.

O encontro “As mulleres tamén somos ciencia” permitirá as mozas e mozos ter contacto directo con dúas científicas que son referencia no seu ámbito de traballo, segundo destacaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen facía fincapé na importancia desta actividade, que nace con vocación de continuidade, para “romper estereotipos facendo ver ás mozas que os estudos científicos e técnicos, non son exclusivos dos homes e, ao mesmo tempo, que os mozos vexan ás súas compañeiras nun plano de igualdade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará