Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela sancionará a Urbaser polos incumprimentos na recollida do lixo

No verán durante varias xornadas festivas tamén quedaron colectores sen recoller

A concellería de Medio Ambiente leva ao pleno do Concello que se celebra esta tarde a imposición de sancións contra a empresa Urbaser polo incumprimento das prestacións que se recollen no contrato da recollida do lixo. O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, sinala que o Concello leva meses traballando nun expediente de penalidades “polos reiterados incumprimentos” da empresa. Entres as irregularidades apuntan a falta de lavado e desinfección dos contedores coa frecuencia estipulada, tampouco se realiza sempre a recollida de residuos nas parroquias tres veces por semana, como establece o contrato.

O concelleiro explica que despois de reiterarlle a Urbaser a súa obriga de cumprir co establecido no contrato, e ante a falta de solucións por parte da empresa, o Concello decidiu poñer en marcha un expediente de penalidades. Trátase dun “extenso informe técnico e xurídico” no que levan traballando desde hai meses. O proceso continúa e ten que ser agora o pleno de Redondela quen acorde a imposición de penalidades a empresa de recollida do lixo polos incumprimentos das cláusulas administrativas do contrato que apuntan os informes técnicos. As sancións económicas marcaranse no pleno do mes de Marzo, unha vez recibidas e estudadas as alegacións da empresa concesionaria que se enfronta a infraccións leves e graves.

Reunión dos traballadores de Urbaser cos partidos para garantir o servizo

A representación de traballadores do servizo de recollida de residuos reúnen a todos os partidos políticos con representación na corporación ( AER, BNG, PSdeG PSOE e PpdeG) cos que acordaron que “máis alá dos matices ideolóxicos, están dispostos a sumar forzas para reivindicar e apoiar que se cumpra incondicionalmente o Prego de Condicións e o Contrato vixente entre a Empresa e o Concello”. Os representantes dos traballadores explican que este compromiso “debe ser garante do mellor servizo que se poida dar á cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará