Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contos en liña para maiores e cativos en Redondela e Pazos

contos

A Fundación Filomena Rivero organiza mañá venres, día 26, dúas actividades de contacontos “en liña”. A primeira, en colaboración coa Biblioteca de Redondela, está dirixida aos maiores usuarios dos Centros de Día de Redondela, a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás coa obra “Debullando contos”. A segunda, en colaboración coa Biblioteca de Pazos de Borbén, quere conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna coa obra “A maleta” para o público escolar e familiar.

“Debullando contos”, con Raquel Queizás

Raquel Queizás é a protagonista dun espectáculo que organiza a Fundación Filomena Rivero Alonso para os usuarios dos Centros de Día de Redondela. Coa obra “Debullando contos” ofrece unha sesión que se desenvolve a partir dos contos que a súa propia avoa lle contaba, froito da tradición oral, que poderán seguir todos os maiores usuarios dos Centros de Día que se sumaron a esta actividade. Queizás agarda que, con esta actividade, os maiores fagan tamén unha viaxe “á súa propia memoria”.

Raquel Queizás, actriz e contacontos

A actriz e contacontos pon en valor esta iniciativa da Fundación Filomena Rivero “que non é só unha actividade cultural, senón tamén social”.

“A maleta” ContAZ Lingua de Signos

Por outra banda a Fundación Filomena Rivero promove tamén dúas sesións de contos en liña para a dinamización da lingua galega en Pazos de Borbén. Escolares de Pazos de Borbén e familias poderán gozar mañán venres, día 26, desta actividade para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna. O conto “A maleta” será será retransmitido por Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de Signos, e contado en lingua galega e lingua de signos. Está baseado no álbum ilustrado “La maleta” do autor Chris Naylor-Ballesteros, unha emotiva historia “de diversidade, de amizade, de axuda, de emigración e o valor da acollida e aceptación pola diferenza”. A actividade será retransmitida nunha primeira emisión ás 13:00 horas e irá dirixida aos escolares de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira; de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e aos usuarios da Asociación ASPAVI. Ás 18:00 horas haberá unha segunda retransmisión do conto que poderá ser visualizado polo público e familias en xeral que se conecten a través da páxina de Facebook da Biblioteca de Pazos de Borbén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará