Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As fortes chuvias provocan a morte do 90% da ameixa no fondo da ría de Vigo

marisqueo

As intensas precipitacións das últimas semanas, xunto coa apertura das comportas do encoro de Eiras, tradúcense nun gran incremento da auga doce na ría. Segundo o sector marisqueiro esta situación provoca unha elevada mortaldade nos bancos de ameixas, aproximadamente dun 90%. Desde o BNG o deputado Manu Lourenzo demanda axudas para os profesionais do marisqueiro do fondo da ría de Vigo. A situación é “catastrófica”, apunta Lourenzo, xa que o sector leva meses padecendo o impacto da pandemia “co peche da hostalaría e a caída das ventas que afecta de maneira directa ao marisqueo”. O deputado nacionalista advirte que a mortaldade da ameixa supón “un golpe de consecuencias imprevisibles para centos de familias”. Demandan que a Xunta habilite partidas extraordinarias “para axudar a un sector que está a atravesar un momento crítico” e solicitarán un acordo de todos os grupos para atender as propias demandas do sector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará