Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peche do paseo do río Maceiras polo perigo de desbordamento

PecheMaceiras

A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela pechou temporalmente o acceso ao paseo do Rego do Maceiras por mor do desbordamento do río nalgúns tramos. As intensas chuvias dos últimos días e as crecidas naturais que se dan no río nesta época do ano obrigaron a tomar esta medida de precaución. Está pechado o acceso peonil que une o convento de Vilavella con Fortóns e a Florida de Cedeira seguindo paralelo ao curso do río. O concelleiro Roberto Villar sinala que se trata dunha medida temporal “destinada a evitar posibles accidentes dos viandantes”. En canto o río Maceiras diminúa o seu caudal dun xeito estable e permita realizar o paseo con absoluta seguridade, a Concellaría abrirá de novo o acceso.

Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente

Villar advirte tamén que algúns tramos deste paseo sufriron danos durante os últimos temporais que aínda están pendentes de reparar. O edil explica que as obras de reparación realizaranse “cando as condicións meteorolóxicas o permitan”. Sinala que ante a previsión de novas borrascas e posibles desbordamentos nos próximos días “non ten sentido gastar cartos en arranxar tramos que volverán quedar asolagados”. Por iso pide “paciencia” aos usuarios deste paseo, e asegura que o camiño “volverá estar nas mellores condicións na próxima primavera”.

Os danos causados polos temporais repararanse na primavera
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará