Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mantense a cancelación da feira en Redondela ante “a falta de cambios significativos” na evolución da pandemia

feira

Malia que a normativa galega permite na actualidade a celebración das feiras mentres se garantan certas medidas de seguridade como o incremento da distancia entre os postos, o concello de Redondela mantén a suspensión da súa celebración este domingo, 21 de febreiro, ao non “darse cambios significativos na evolución da COVID-19 no termo municipal”. Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde deste mércores os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días son 150, o que supón unha incidencia acumulada de 424 por cada cen mil habitantes.

Ante esta situación, o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembran que a situación con respecto á COVID-19 en Redondela “segue a ser a mesma que hai dúas semanas, cando se suspendeu a feira do día 6”. Consideran que cando as autoridades sanitarias seguen facendo chamamentos continuos para “ evitar aglomeracións de persoas” como unha das ferramentas para diminuír a taxa de contaxios, “non sería responsable permitir a celebración da feira do domingo cando as circunstancias seguen a ser as mesmas que hai dúas semanas”con Redondela no nivel máximo de restricións e con peche perimetral.

Dende que comezou este 2021, a feira só se puido celebrar nunha ocasión, o seis de xaneiro, coincidindo co día de Reis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará