Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación no Entroido virtual de Redondela

EntroidoMosaico

A crise sanitaria da Covid impediu celebrar o Entroido como é habitual, con milleiros de persoas nas rúas de Redondela. Pero o virus non foi quen de deter o espírito festeiro deste municipio. O concurso de disfraces, organizado polo Concello a través das redes sociais, contou con 39 participantes que enviaron os seus vídeos e fotografías. O público foi o encargado de escoller aos mellores, e a participación na votación foi moi elevada. Desde o Concello sinalan que foi o concurso con máis repercusión dos que teñen celebrado ata agora nas redes sociais, xa que se recibiron centos de votos ata a pasada media noite, cando se pechaba o prazo. O primeiro premio foi para “A Wasa de Andaina” con 595 votos para o vídeo creado por esta asociación redondelá de persoas con necesidades especiais. O segundo lugar é para a fotografía “Unha familia de Pallasos”, con 585 votos, e o terceiro premio acadouno o vídeo “Entroido 2021 Ventosela”, con 555 apoios para esta parodia sobre o confinamento. Os gañadores recibirán como agasallo unha cesta de produtos gourmet elaborada polo comercio local. En canto ao concurso de escaparates de Entroido, será o venres cando se dean a coñecer os establecementos gañadores cun premio concedido cos votos do público e outros dous que establecerá o xurado.

Un Meco moi “viral”

O audiovisual sobre o Meco deste ano, con protagonismo do actor redondelán Miguel Borines, está a ter moita repercusión nas redes sociais. En pouco tempo xa contabiliza máis de 12.500 reproduccións. No vídeo, con imaxes de anteriores celebracións do Entroido, Borines convida á veciñanza a unirse para loitar contra o ininmigo común “ese virus invisible, que xa arde no corazón de cada habitante de Redondela”. Asegura que “a unión, forza e a responsabilidade de toda a veciñanza están a conseguir vencelo e pronto será un mal soño”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará