Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intervencións policiais en Redondela por incumprimentos do peche perimetral

Policia17feb_o

A xornada de onte, Martes de Entroido, foi intensa en canto a intervencións dos axentes da Policía Local de Redondela e a Policía Nacional, que realizaron diferentes dispositivos de control no municipio. O resultado foi a identificación dun condutor por circular sen o seguro en vigor e un motorista, veciño de Gondomar, por saltar o peche perimetral. A media tarde recibiron tamén na Policía Local numerosas chamadas pola presenza de dous rapaces que se atopaban sentados sobre a ponte do viaduto. Un axente da Policía Nacional tivo que camiñar ata a metade da ponte para localizar a estas persoas. Unha vez trasladados a un lugar seguro foron denunciados, tanto por incumprir o peche perimetral, xa que eran residentes en Vigo, como por escalar a este viaduto incumprindo a lei de seguridade cidadá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará