Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sesenta redondeláns conseguen un traballo a través do Plan de Emprego

empresas

Un programa que supuxo a inserción do 60% dos seus participantes, 54 mulleres e 46 homes, que durante os últimos meses participaron en 50 accións formativas e prácticas en distintas empresas da contorna. Para a posta en marcha deste programa tivéronse en conta os perfís de 1.600 persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego e na Bolsa de Emprego do Concello de Redondela, das que 268 participaron no proceso de selección e finalmente foron escollidas cen que participaron nesta iniciativa formativa.

Un programa, que malia a pandemia e o reto que supuxo a docencia distancia, conseguiu cumprir os obxectivos marcados, segundo apuntan dende o Concello de Redondela, xa que incrementouse un 17% a inserción prevista inicialmente do 43% e das 474 horas lectivas fixadas, ao final do programa sumáronse 1.816. A concelleira de Emprego, María Castro, amosou a súa satisfacción polo balance deste programa e destacou a importancia do mesmo “na mellora da empregabilidade dos participantes”.

María Castro, concelleira de Emprego

A responsable de Emprego agradeceu o traballo desenvolvido polo equipo docente que se viu na obriga “de redescubrir e reinventar ferramentas profesionais para acadar os obxectivos propostos”. Sinala que, malia que moitos parcipantes tiñan dificultades por mor da “fenda dixital” conseguiron seguir as clases de xeito telemático e rematar a formación con éxito nun ano “especilamente complicado pola Covid-19”.

O Plan de Emprego puido rematar con éxito malia as dificultades pola pandemia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou o éxito dun programa formativo “que permitiu que 60 persoas acadasen a inserción laboral logo de ver melloradas, a través de diferentes accións, as súas posibilidades de empregabilidade”.

Redondela contrata a once persoas para o mantemento de camiños e estradas

Uns traballos de limpeza, que ata o momento estaban externalizados e facía unha empresa priva, e das que agora se encargarán as once persoas desempregadas da especialidade de peón forestal. Realizarán traballos de roza da maleza e limpeza dos camiños e estradas de titularidade municipal. A contratación directa do persoal por parte do Concello permitirá, segundo a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas “axilizar a contratación e optimizar os prazos e o traballo a desenvolver”.

Unhas contratacións, que se fan á cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, as que se suma un 1 técnico/a medio ambiente, 1 carpinteiro/a, 3 técnicos/as de turismo, 1 traballadora social e 1 electricista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará