Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela segue a tendencia á baixa nos contaxios

capture-Redondela

Ao igual que no resto de Galicia, na nosa bisbarra continúa descendendo o número de casos activos pola Covid-19. En Redondela os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días son 184, e a incidencia acumulada por cada cen mil habitantes está en 629 casos. En Soutomaior tamén se reduciu a cifra de novos contaxios, con 119 nas últimas dúas semanas. Con todo, a incidencia acumulada neste Concello veciño segue a ser moi alta, por riba dos 1.600 casos por cada cen mil habitantes. En Pazos de Borbén, onde o Concello vén de solicitar á Consellería de Sanidade a realización dun cribado masivo entre a poboación, o número de novos contaxios é de 34, co que a incidencia acumulada está ao redor dos 1.150 por cada cen mil habitantes.

No conxunto de Galicia caen tamén os casos activos por noveno día consecutivo. Segundo os últimos datos facilitados por Sanidade, hai 16.643 persoas con covid-19 no país, 989 menos ca onte, tras detectárense 677 novos positivos, 617 confirmados a través de probas PCR. Na área sanitaria de Vigo, a segunda con máis casos detrás da Coruña, rexístranse 2.758 contaxios activos (-166).

Malia que a melloría é xeralizada en case toda Galicia, desde a Consellería de Sanidade advirten que aínda é cedo para aliviar as restriccións.O conselleiro Julio García Comesaña advirte que hai que seguir mellorando as taxas a 7 e 14 días. Galicia pasou na última semana de 740 a 590 casos por cen mil habitantes. Un descenso salientable, pero aínda duplica con moito os niveis considerados de risco extremo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará