Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O martes comezan a dispensarse os tests de saliva en 8 farmacias da comarca

FarmaciaChapela

Farmacias dos municipios de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén participan no programa de localización de positivos de Covid asintomáticos que mañán pon en marcha o Sergas. Estes tests de saliva, que chegarán este martes a máis de 350 farmacias de toda a provincia de Pontevedra, pódense recoller e entregar nas boticas adscritas a este programa. A demanda estes días foi moi grande, e tamén o aluvión de chamadas para solicitar información. O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra fai unha chamada á calma para evitar posibles aglomeracións os primeiros días, xa que as probas vanse realizar ao longo dos dous próximos meses.

Alba Soutelo, presidenta do Colexio de Farmacéuticos da provincia de Pontevedra

A listaxe de farmacias podémola atopar na web do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra. En Redondela son as boticas de Andrea C. Domínguez, na rúa Xeneral Rubín, 27; María Soledad González, na estrada de Pazos, en Reboreda e as farmacias de Chapela de Ana Isabel Escudero, na Avda. de Redondela; Marina Huarte, na Avda. de Vigo e María Dolores Pereiro, na Subida a Mouriño. No Concello de Soutomaior farán as probas as farmacias de Eugenia Presas, na Avda. José Solla, 3, e a de Begoña Viana na rúa Alexandre Bóveda, 9. En Pazos de Borbén participa na realización das probas a farmacias de María Luz Rodríguez.

Nas boticas só recolleremos e entregaremos a nosa mostra de saliva, que analizarán no laboratorio de microbioloxía do Meixoeiro. Os resultados obtéñense ao cabo de 24 a 48 horas.

Requisitos para facer as probas

O test poden facelo persoas asintomáticas de entre 40 e 65 anos con tarxeta sanitaria. Non poderán participar aqueles pacientes de coidados paliativos ou inmobilizados, nin usuarios ou traballadores de residencias, ou quen tivese unha resultado positivo en PCR ou estea en corentena. O farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, antes de almorzar e de lavar os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas. O farmacéutico será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema. A distribución farmacéutica levarao ao laboratorio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará