Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melloras na EEI Cesantes para eliminar filtracións

EEI Cesantes 03

A concellería de Ensino do Concello de Redondela, que dirixe Olga García, está a facer obras de mellora na EEI Cesantes que abranguen tanto a aspectos estruturais do edificio como a dotacións para uso dos nenos e nenas. No que ao edificio atinxe, procedeuse ao pintado de muros exteriores e fachada, así como a reparación do tellado para evitar filtracións de auga e humidades interiores. Así mesmo procedeuse ao arranxo da tarima dunha das aulas ao adaptouse o baño para o uso do alumnado. En cando a dotacións para as cativas e cativos, a Concellería instalou un areeiro para xogos. A alcaldesa, Digna Rivas, subliñou a importancia duns traballos “que eran unha reivindicación de hai anos por parte da comunidade escolar”. Ao igual que se fai na EEI Cesantes, Rivas anunciou que se irán facendo melloras nas demais escolas unitarias “para que os nosos nenos e nenas conten con instalacións cómodas e seguras”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará