Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CIG mobilízase en Redondela por unha “saída galega fronte á crise”

CigRedondela_o

Na mañá do domingo 7 de febreiro, o sindicato nacionalista, Confederación Intersindical Galega (CIG), realizou un acto reivindicativo en Redondela. Un cento de persoas, convocadas pola central sindical, xuntáronse ás portas do Concello para reclamar unha “Saída Galega fronte á Crise Económica”. O acto enmarcouse dentro dunha xornada de mobilizacións en toda Galicia, na que se realizaron diversos actos en 18 concellos. Redondela, xunto ao Porriño, Vigo e Cangas , foi un dos elixidos para estes actos na comarca. María Xosé García, delegada sindical en Plastic Omnium, foi a encargada de ler o manifesto no que entre outras reivindicacións se demandaba unha saída á crise que sexa negociada en Galicia. Entre as propostas do sindicato nacionalista contémplase a derrogación da reforma laboral, da negociación colectiva, e da reforma das pensións.

María Xosé García, delegada sindical en Plastic Omnium

Consideran que “a mobilización é máis necesaria que nunca, se se quere evitar que sexan novamente as clases traballadoras as que teñan que asumir o custo social da crise”. Denuncian que “a contratación de falsos autónomos, empresas multifuncións, ou as subcontratacións en cadea están a precarizar as condicións laborais”. Apostan por fortalecer a negociación dun marco galego de relacións laborais, que permita negociacións en Galicia “rematando co centralismo das decisións doutras organizacións sindicais”. Algunhas das demandas recollidas foron as de fortalecer os servizos públicos como o sociosanitario e o ensino, xestionar os fondos públicos europeos para recuperación económica de Galicia, unha Banca Pública Galega ou unha reforma fiscal progresiva, entre outras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará