Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sergas chama a 6.000 veciños de Redondela para un novo cribado

Cribado

O Concello de Redondela acaba de expresar a súa satisfacción pola realización de novos cribados Covid no municipio, tal e como adiantou hoxe a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. En concreto realizaranse un total de 6.000 novas probas, serán 3.000 para veciños adcritos ao Centro de Saúde de Redondela e outros 3.000 para a veciñanza de Chapela. Doutra banda, a Consellería tamén confirmou que ao longo dos vindeiros días efectuarase esta proba ao alumnado do IES Illa de San Simón. A alcaldesa agradeceu que a Consellería de Sanidade e o seu titular, Julio García Comesaña, así como o Francisco Javier Prieto, xerente da Área Sanitaria de Vigo, atenderan as demandas que, nese sentido, tiña realizado o Concello redondelán. “Coñecer a incidencia da Covid no noso municipio é fundamental para poder optimizar os nosos recursos á hora de tentar frear a expansión desta pandemia” sinala Rivas. A rexedora local tamén quixo agradecer á veciñanza de Redondela “o seu alto grao de responsabilidade, agás casos moi puntuais, á hora de cumprir as normas e contribuír a que, entre todos e todas, poidamos volver canto antes á maior normalidade posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará