Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaneiro crea emprego en Redondela e comarca

empleo

O primeiro mes do ano deixa un balance positivo en canto ao mercado laboral na vila dos Viadutos con 66 desempregados menos segundo os datos publicado hoxe pola Consellería de Emprego. Así, pasouse dos 1.850 redondeláns anotados nas listas das Oficinas de Emprego no mes de decembro aos en 1.784 de xaneiro.

Unha tendencia positiva que tamén se rexistrou en Soutomaior, onde o paro cae en 11 persoas, ao pasar dos 599 de decembro aos 588 do pasado mes. En Fornelos de Montes a situación do emprego mantense case estable, cun parado menos. Na actualidade, o número de desempregados é de 155 neste concello. Pola contra, sobe o paro en Pazos de Borbén, onde hai catro persoas máis anotadas nas listas do desemprego, un cifra que en total neste municipio ascende aos 287 parados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará