Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No IES Chapela están fartos da “banda sonora” da AP-9

IESchapela

O instituto da parroquia acaba de facer público un vídeo no que denuncian o ruído “enxordecedor” que provoca nas aulas a proximidade da autoestrada AP-9. Mestres e alumnos levan padecendo este problema durante os 30 anos de historia do centro, situación que se agrava aínda máis este curso. A necesidade de ter as fiestras abertas para ventilar, como marca o protocolo Covid, fai que o volume de ruído nas aulas sexa “insoportable”. O director do centro, Miguel Pérez, lamenta que malia os reiterados compromisos de Audasa, concesionaria da autoestrada, e do Ministerio de Fomento, o problema aínda non se teña resolto. www.youtube.com/watch?v=G8oxJO7vA7Q

Miguel Pérez, director do IES Chapela

A instalación de pantallas acústicas na zona para reducir o ruído é un compromiso adquirido desde hai anos “pero segue sen facerse realidade”. A propia Audasa recoñece que o tramo da AP-9 que discorre por Chapela e Teis é o que soporta máis ruído de toda autoestrada do Atlántico. As medicións revelan que o nivel supera os 60 e mesmo os 70 decibelios, cando o máximo permitido por lei son 55 dB, e os estudos científicos advirten que o límite do “soportable” serían 45 dB. Alumnos e mestres deben padecer a diario un volume moi superior ao legal “sen ningún tipo de protección”, explica o director.

Pérez Lorenzo, que ademais é profesor de Música, recoñece que é “imposible impartir aulas con normalidade”. Cualifica de “vergoñento” que despois de tantos anos as administracións públicas “que deben velar polo benestar da cidadanía” non fagan nada por resolver o problema e se limiten a darlles “boas palabras”. Advirte que o rendemento académico dos alumnos baixa polos problemas que xera este ruído constante, que lles provoca “irritabilidade, estrés e cansazo”.

Esixen a instalación de pantallas acústicas “xa” para Chapela e Teis. Pregúntanse se deben recorrer a protestas violentas como acontece noutros lugares “con barricadas, queimas de pneumáticos e colectores” para que as súas demandas teñan reposta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará