Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Aglomeracións e colapso” no cribado de Soutomaior

Cribado ARcade

A falta de sitio para aparcar os coches, as colas de espera para facer a proba e a choiva, provocaron que ducias de persoas tivesen que “acinarse” debaixo dunha carpa situada nas inmediacións do centro de saúde de Arcade mentres agardaban a súa quenda para facer a proba, segundo explica o portavoz do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo, quen acusa ao SERGAS de falta de planificación e organización, xa que as previsións de precipitacións eran coñecidas e ante os “accesos nefastos” do centro de saúde era previsible, engade, que se producisen problemas coma estes. Lamenta que non se escollese outra localización para facer o cribado, como acontece noutros municipios onde as PCR’s se fan sen saír do coche ou en lugares habilitados.

Lourenzo asegura que ante esta situación moitos veciños decidiron marchar para casa sen facerse a proba e advirte que estas aglomeracións poden producir un efecto disuasorio entre os tres mil veciños de entre 40 e 79 anos que están chamados a facer os tests neste concello, onde o número de contaxios ascende a 149.

O portavoz do BNG chamaba hoxe ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, para que lle demandase ao SERGAS “unha solución inmediata” e “que se garanta que as veciñas e veciños de Soutomaior poidan facer un cribado de maneira segura”.

Esta mañá, o Concello de Soutomaior facían un chamamento a todos os veciños de Arcade a que acudisen ao centro de saúde camiñando para evitar as aglomeracións de coches.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará