Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela continúa sumando positivos e comeza febreiro con 241

covid

O número de persoas contaxiadas pola COVID-19 segue incrementándose no municipio e polo momento as restricións postas en marcha o pasado mércores non conseguiron frear a tendencia á alza dos contaxios. En tan só unha semana, 64 redondeláns deron positivo nunha proba PCR, segundo os datos deste luns da Consellería de Sanidade e se botamos a ollada a comezos do mes de xaneiro, a suba é máis notable xa que os contaxios estaban no medio cento.

Ante “o preocupante número de casos activos por coronavirus”, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fai un chamamento á responsabilidade nunha situación “grave, na que os contaxios non deixan de medrar”.

Unha situación que levou ao concello a manter a suspensión da feira, que tería que celebrarse este sábado, 6 de febreiro e que nos últimos tres meses só se celebrou o día de Reis. Dende o goberno local explican que as circunstancias que permitiron a feira do día 6 de xaneiro, “son agora ben distintas” xa que a día 5 do pasado mes, Redondela contaba cun total de 51 casos activos e a 29 de xaneiro –tan só 24 días despois– ese número elévase ata os 214 casos activos o que supón case 7 novos casos cada día”. Unha cifra que este luns xa ascende aos 241 positivos. O concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, asegura que “ante o panorama grave que se nos presenta, sería unha total irresponsabilidade” celebrar a feira o próximo sábado.

Dende o concello de Redondela insiste en que “coa responsabilidade individual de cada veciña e veciño, coa medidas de protección que adoptemos, co cumprimento estrito das normas ditadas polos gobernos central e autonómico, estaremos contribuíndo a frear a expansión deste virus e estaremos dando pasos para volver á normalidade”

Soutomaior multiplica por sete o número de contaxios nun mes

Este martes comeza no centro de saúde de Arcade un cribado a preto de tres mil veciños de Soutomaior. Unhas probas masivas que solicitaba a pasada semana o concello ante a multiplicación dos casos nas últimas catro semanas que pasaron de 19 persoas positivas por coronavirus, a un de xaneiro, aos 146 positivos notificadas pola Consellería de Sanidade este luns, 77 máis que hai unha semana.

O cribado realizarase entre a poboación de 40 a 79 anos e os convocados son só aqueles que recibisen previamente un SMS no seu teléfono.

O alcalde, Agustín Reguera, facía este luns un chamamento para que “ningún dos citados quede na casa” dada a importancia deste cribado para tentar frear a propagación do virus polo municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará