Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido virtual chega a Redondela

entroidoVirtualMosaico

A situación sanitaria obrigou a “reinventar” a forma de celebrar esta festa tan popular en Redondela. O Concello prescindirá dos tradicionais desfiles de comparsas e outras actividades que congregaban a miles de persoas nas rúas. Nesta ocasión o Entroido será “virtual” co obxectivo de chegar a todos os puntos do municipio a través das redes sociais.

Concurso de disfraces

O tradicional concurso de disfraces celebrarase a través do Facebook do Concello. Todos os que o desexen poden inscribirse a través do enderezo electrónico facebook@redondela.gal. Aata o 14 de febreiro poden enviar fotos ou vídeos, co nome e teléfono dos participantes. Serán publicados o 16 de febreiro, e as tres fotos ou vídeos que logren máis “Gússtame” obterán un premio.

Un Meco fronte a Covid

O Meco redondelán, figura reivindicativa do Entroido por excelencia, seguirá a poñer o foco nos temas de actualidade, como fai cada ano, pero dun xeito diferente. Nesta ocasión estará representado por unha figura de fantasía “estreitamente ligada á tradición redondelá”. Desde o Concello explican que terá unha clara reivindicación que non é outra que “a necesidade de que todas e todos unidos fagamos fronte á COVID e gañemos esa dura batalla da que aínda non se avista o final”. Advirten que se trata dunha mensaxe “esperanzadora e unificadora” da vontade de toda a cidadanía. Por iso este ano a fiura non se queimará “senón que se conservará para formar parte a memoria histórica e cultural do municipio”. Outro tanto acontecerá en Chapela co seu berete “que tamén pasará a pasar forma do patrimonio da parroquia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará