Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela, suma e segue

Chapelafebr

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 32-26 OAR Coruña

O Rodosa sumou ante o OAR Coruña a súa sexta vitoria consecutiva. Logo dunha primeira parte moi igualada, os de Teixiera impuxéronse na segunda metade, destacando a labor do porteiro con importantes paradas. Os de Chapela ocupan a 2ª praza, na próxima xornada repiten como locais, reciben ao Luceros, 7º.

Xiria 30-24 SAR Plastic Omnium

Pouco puideron facer os de Pablo Muíños ante o líder, nun encontro no que os de Redondela contaban con moitas baixas. Bo papel da SAR, que malia chegar a perder por unha diferencia de ata 11 goles nunca se rendeu e foi remontando, malia sen poder chegar a igualar ao Xiria. O conxunto de Redondela está no 10º posto, na próxima xornada comezan a segunda volta na pista do Cañiza, 4º.

División de Honra Prata Feminina

Cleba León 35-22 SAR Rodavigo

As pupilas de Elisardo González “Chini” non tivo opcións na súa visita a León. As anfitrioas demostraron a calidade que as leva a estar na parte alta da táboa, e o partido inclinouse moi pronto a favor das leonesas. A SAR, na 9ª posición, recibirá na próxima xornada ao Siero, 6º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará