Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan a morte dun veciño de Chapela

chapela123000

A Policía Nacional investiga a morte dun veciño de Chapela de 51 anos de idade, cuxo cadáver foi achado coas mans atadas e a cabeza cuberta na súa casa da rúa San Telmo. O suceso coñeceuse o pasado sábado ao serán, cando un amigo da vítima se achegou á vivenda preocupado, xa que había varios días que non sabía del. Segundo informaron fontes da investigación, que se atopa baixo segredo de sumario, cando a Policía se trasladou á vivenda acharon o cadáver, que estaba coas mans atadas. Abriuse unha investigación para aclarar as causas deste suceso, no que todo apunta a unha morte violenta. A porta estaba pechada, despois os axentes atoparían a chave dentro da casa, e tiveron que forzala para entrar. Antes de que a xuíza de garda de Redondela levantase o cadáver, os forenses estudaron a escena do posible do crime en busca de vestixios do que puido pasar. Non había desorde. Dentro da casa, pechado, estaba o can do falecido. A vivenda permanece precintada. A autopsia determinará a causa final da morte mentres se mantén o segredo nas actuacións. O caso causou conmoción na parroquia, onde a vítima era un veciño moi coñecido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará