Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Importante vitoria do CD Choco ante o Ourense CF

Choco1feb_1

Terceira División

CD Choco 2-0 Ourense CF

Comezaba o partido cun Choco moi enchufado e xa nos primeiros intres deixaron claras as súas intencións de non deixar escapar os tres puntos da xornada. No minuto 4 Oscar Gil tivo a primeira no seus pés tra un gran pase de Félix, pero no man a man co porteiro impúxose o gardameta. Seguía insistindo os de Gonza na portería de Juavi, por medio de Comis pero o gol non chegaba. No 28 Davo rompería a saca a favor dos seus, tras un pase interior ao área de Óscar Gil subindo así o primeiro gol do partido e da súa conta particular, porque aínda marcaría o segundo un pouco antes do descanso tamén a pase de Oscar Gil. Tralo paso por vestiarios a tónica sería a dos locais aguantando o resultado mentres o Ourene buscaba dar volta a o marcador, pero os ourensáns só tiveron unha ocasión clara neste segundo tempo, que non acertaron. Tampoco os de Gonza crearon ocasións pero o resultado favoreceunos.

Xuvenil División de Honra

Pavillón Ourense CF 1-0 CD Choco

Partido igualadao nos Milagres que se saldou coa vitoria local. Chegaban os de Alberto Suárez coa intención de cambiar o guión. O obxectivo non era outro que sumar os 3 puntos da xornada pero finalmente volveron sen puntos a Redondela. Na primeira metade o marcador non se moveu, e tras o paso por vestiarios a tónica da primeira parte repetiríase. Ao Choco notábaselle un pouco máis frouxo que na primeira, e os locais lograban ter a posesión do esférico en maior medida que os choqueiros. Pasaba o tempo e parecía que o partido finalmente terminaría en táboas, pois era o resultado máis xustos. Pero unha boa ocasión do Pavillón acabou baixo as redes choqueiras no 59.

Un penalti non pitado ao CD Choco sería protestado polo banco redondelán. Tocaba remar en contra e a pesar de que o tentaban os xuvenís choqueiros non foron quen de igualar o marcador perdendo os tres puntos da xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará