Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local de Soutomaior defende a xestión das multas da Policía Local

PlenoSoutomaior

No pleno telemático celebrado onte no Concello de Soutomaior o goberno local quixo pechar a polémica sobre a xestión das multas da Policlía Local. O concelleiro de Seguridade, Fernando Crespo, achegou a documentación que acredita que os auxiliares poden emitir denuncias “achegando unha proba de veracidade da infracción”. Tanto o goberno local como a intervención municipal certificaron “a correcta tramitación” das multas cursadas pola Policía Local nos últimos meses. Malia as denunicias por parte do BNG sobre a capacidade dos auxiliares de emitir denuncias, Crespo achegou diversas sentenzas xudiciais que referendan o procedemento seguido polo Concello estipulando que cando un auxiliar de policía realiza tarefas de apoio a única diferenza cun axente durante unha denuncia é que o auxiliar non goza do principio de credibilidade propio das forzas de orde pública “polo que ten que achegar unha proba de veracidade da infracción denunciada”, explica o edil, que puxo como exemplo “unha foto se hai un coche mal aparcado”. Fernando Crespo atribúe as denuncias do BNG “a un profundo descoñecemento da norma”. Do mesmo xeito, o edil aclarou a discrepancia sobre o número dos axentes que tramitaban as denuncias indicando que o problema é “que o programa informático para o envorcado de datos non estaba adaptado para os números dos auxiliares e non cabía a identificación completa, polo que tamén se identificaba ao auxiliar denunciante no boletín e en toda a información que se enviaba”. Unha acción que se realizou “coordinadamente co ORAL e con total transparencia”, explicou Crespo.

Pero irregularidades desveladas, tamén inclúen outros posibles delitos derivados do feito de que a policía local puxese multas nun horario nos que non había policías de servizo ou que o propio concelleiro de tráfico recoñeza nun documento oficial que tanto el como o alcalde asumían as funcións do órgano de xefatura da policía local, algo que de confirmarse sería tamén absolutamente ilegal.

Investigación xudicial

Desde o BNG advirten que existen outras “presuntas irregularidades” relacionadas co feito de que os auxiliares de policía local realizasen funcións “só permitidas aos vixiantes muncipais”. O concelleiro Manu Lourenzo advirte que existen multas “fóra do horario da policía” ou o feito de que o volcado de datos “se fixese co número de axente dun policía en excedencia”. Lourenzo solicitou que o propio Concello puxese a documentación que ten no seu haber e que afecta a estas presuntas irregularidades a disposición da Fiscalía e do Xuzagado, proposta que rexeitou o alcalde, Agustín Reguera, alegando que xa hai unha investigación aberta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará