Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Soutomaior lembra que o novo centro de saúde está solicitado e a depuradora en fase de redacción

DepuradoraArcade

O grupo municipal do Partido Popular de Soutomaior respondeu ás declaracións do voceiro do BNG tras presentar varias emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia solicitando un novo centro de saúde e unha nova depuradora para o municipio. Unhas melloras que, segundo indican os populares “xa se están tramitando hai tempo”. O portavoz local, Ramón Fernández, indicou que o proxecto para a nova depuradora “xa foi licitado por Augas de Galicia en maio do ano pasado por un importe de 210.000 euros e actualmente está en fase de redacción”. Advirte así que a proposta do BNG “chega con máis dun ano de atraso”, segundo Fernández. Do mesmo xeito, o popular destacou que o goberno local xa solicitou o novo centro de saúde fai para a zona de Salgueirón e que este proxecto foi confirmado polo propio Conselleiro no parlamento galego, “precisamente respondendo a unha pregunta do BNG”. Fernández deneuncia que os nacionalistas “toman por parvos aos veciños pedindo eles os avances que xa están en marcha e son mérito e froito do traballo deste grupo de goberno”. O grupo municipal do PP lembra tamén que a Xunta investiu recentemente “máis de 5 millóns de euros na construción do instituto máis moderno de Galicia e que xa está a financiar a mellora das dúas depuradoras do municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará