Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omium comeza o ano con vitoria

SARcanarias

O conxunto de Palo Muiños impúxose en Canarias ante o Tejina nun encontro aprazado. Máis dificultades tivo a SAR Rodavigo de División de Honra Prata Feminina, que perdeu en Lanzaronte ante o líder despois de empatar ante o Valladolid nunha fin de semana moi intensa.

División de Honra Prata

Lanzarote 38-21 SAR Rodavigo

Difícil partido das mozas de “Chini” ante o Lanzarote, líder da liga. Tras xogar o venres un intenso partido, no que acadaron un empate ante o Hand Vall Valladolid, viaxaron no día a Canarias, de forma que se desprazaron directamente do aeroporto ao pavillón. Tras a derrota o Rodavigo ocupa agora a 10ª praza do grupo, e na próxima xornada teñen outra longa viaxe, visitan a pista do Oviedo, 3º clasificado.

Primeira Nacional

Tejina Tenerife 22- SAR 28

Gran vitoria da SAR Plastic Omnium na súa visita ao Tejina. Foi un partido duro, que se decidiu a favor dos redondeláns na segunda metade. Comezan o ano igual que despediron o 2020, gañando. Os de Pablo Muílos suman a súa terceira vitoria consecutiva, e son 7º na táboa. Na próxima xornada o balonmán local disputa os encontros Seis do Nadal-SAR e Chapela-La Laguna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará