Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sorte desigual para os equipos do CD Choco

ChocoRapido5

De novo o equipo de Gonza tras ir gañando 0-1 con gol de Félix, termina perdendo o partido ante o Club Rápido de Bouzas por 2-1. Mellor foi a xornada para o xuvenil de División de Honra, que gañou en Santa Mariña ante o Conxo, un dos seus rivais directos.

Terceira División

Rápido de Bouzas 2-1 Choco

O CD Choco cae no Baltasar Pujales no encontro no que se medía ante o Club Rápido de Bouzas. Coa intención de reverter a situación e recuperar a senda da vitoria, viaxaba a expedición choqueira a Vigo, pero de novo perderon o encontro no último minuto. Nunha primeira parte sen goles nos que o CD Choco tivo ocasión de adiantarse no marcador con ocasións de Félix e Davo, nun primeiros 45 minutos nos que a escuadra choqueira dominaba e chegaba con máis perigo á área local. Tras o paso por vestiarios o segundo tempo arrincou de maneira inmellorable para o CD Choco, que aproveitou unha xogada para inaugurar o marcador cun tanto de Félix no minuto 50. Pero pouco durou a alegría pois seria Adrián quen no 76 empataría o encontro e no 90 Gonzalez daría a vitoria aos seus co tanto definitivo que deixaba o 2-1 no marcador. O resultado deixa aos de “Gonza” no 6º posto da táboa, na próxima xornada reciben ao Ribadumia, 8º, co que están empatados a puntos.

Xuvenil División de Honra

Choco 3-1 Conxo

Importante vitoria a do equipo de Alberto Suárez na mañá dominical contra un rival directo, o CD Conxo Santiago. Comezaba o encontro cuns primeiros minutos de tanteo con idas e vindas dos dous bloques á área contraria pero sen crear ocasións claras ningún dos equipos. A medida que corrían os minutos, os xogadores redondelanos íanse facendo coa posesión do esférico e sentíndose máis cómodos. O conxunto choqueiro chegaba con máis facilidade á portaría compostelá pero sen unha finalización que lle outorgase a recompensa. Terían que pasar 29 minutos para que a afección choqueira celebrase o primeiro tanto do seu equipo. Unha falta que Miguel Román non dubida en tirar e cravar na portaría do Conxo, abrindo así a saca para os seus. Pero a alegría ía durar menos do esperado pois o conxunto compostelán empataría o encontro seis minutos máis tarde. Xusto antes do descanso Manu Tomei marcaría o segundo para os seus e sen tempo para máis se chegaría ao tempo de recreo co 2-1 a favor dos redondeláns. Tras o paso por vesturarios, quedaban 45 minutos por diante nos que ben podería ocorrer de todo. O partido estaba aberto pero recentemente internado no terreo de xogo, Pablo na primeira xogada marcaría o terceiro tanto choqueiro, no minuto 46. A identidade do xogo choqueiro quedaba latente en Santa Mariña despois deste tanto, pero pronto as tornas cambiarían e a precipitación do conxunto local levaríalles a cometer erros que o Conxo tentaría aproveitar pero finalmente o marcador non cambiou. O Choco é agora 6º na táboa, na próxima xornada visita a pista do Val Miñor, 3º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará