Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos visitarán todas as parroquias de Redondela

REIS_115840

As Súas Maxestades de Oriente xa teñen todo a punto para visitar mañán aos nenos e nenas de Redondela. Este ano a súa chegada ao municipio será diferente, cunha cabalgata estática no campo da feira de Redondela e na alameda Rosalía de Castro de Chapela. Tamén farán un percorrido polas principais rúas do resto das parroquias. “Todas as actividades están organizadas respectando os protocolos Covid, con control de aforos e distancia de seguridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

No caso da cabalgata estática establécese un amplo horario para evitar aglomeracións. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán mañá, día 5, no campo da feira en horario de mañá de 11:00 a 14:30 horas, e pola tarde a partir das 16:00 horas. Establécese un itinerario con entradas e saídas sinalizadas con distanciamento de seguridade. No mesmo horario tamén estará dispoñible para toda a rapazada a cabalgata estática de Chapela, na alameda Rosalía de Castro, coa colaboración do Círculo Cultural e Recreativo de Chapela.

Percorrido real polas parroquias

Para que ningún neno quede sen ver aos Reis Magos, e co fin de evitar desprazamentos ao centro da vila, as Súas Maxestades, por separado, visitarán mañán pola tarde todas as parroquias. Pasarán polas principais rúas de Cesantes entre as 16:00 e as 17:30 horas. No Viso estarán de 17:30 a 19:00 horas. Percorrerán Ventosela de 19:00 a 20:30 horas. A Cedeira acudirán entre as 16:00 e as 17:30 horas, a Reboreda de 16:00 a 17.30 horas, a Quintela de 17:30 a 18:30 horas e a Saxamonde entre as 18:30 e as 19:30 horas. A visita Real chegará a Vilar de Infesta ás 19:30 e percorrerá as principais rúas ata as 20:30 horas. En Santo Estevo de Negros será de 17:30 a 18:30 horas, en Cabeiro de 18:30 a 19:30 horas e en Trasmañó de 19:30 a 20:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará