Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe ao goberno manter os 180.000 euros dos orzamentos participativos de 2020

XoanCarlosBNG

Nun escrito dirixido á alcaldesa, o grupo nacionalista demanda que se manteña “intacta” esta partida non gastada no 2020 “co fin de reinvestilo nas parroquias”. O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, considera que o 1% dos orzamentos municipais de 2020 “non se investiu nas diferentes parroquias, e debe respectarse este compromiso”. Entende González que é “unha débeda” coas parroquias “e debe reterse a partida para o ano 2021”. Segundo apunta o grupo nacionalista o concello empregou 41.000 euros destes orzamentos “sen consultar con ningún consello parroquial, verdadeiros protagonistas dos orzamentos participativos”, denuncia González. O voceiro do bloque esixe “que se rendan contas desta acción e que se conxele a partida”. Advirte que segurián “vixiantes” cos orzamentos participativos e que velarán porque esta partida se invista integramente nas parroquias de Redondela. Avanzan o seu compromiso para que os novos orzamentos municipais “se debatan nos Consellos Parroquiais para que o movemento asociativo poida reflectir a súa opinión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará