Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende a feira do día 21 polas restriccións sanitarias

FEIRA

O Concello de Redondela decidiu suspender a feira do próximo luns, día 21, unha das máis grandes do ano. A situación sanitaria pola Covid, que mantén o municipio con peche perimetral e no nivel de restrición máxima, obrigou a adoptar esta decisión. Explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, que malia que se rexistra un descenso dos casos activos, a melloría non é suficiente para levantar as restricións. En anteriores feiras o Concello decidira pechar ao tráfico a avenida Mendiño, para incrementar a distancia entres os postos ambulantes e evitar aglomeracións, peron nesta ocasión non é posible. O próximo luns é día lectivo, explica Lamas “polo que non podemos pechar o tráfico na rúa que utilizan os autobuses escolares e os particulares”. Por outra banda, a presenza de centos de alumnos dos colexios e institutos da zona, xunto coa gran afluencia de público na feira “provocaría aglomeracións que hai que evitar” sinala o edil. O primeiro é “a seguridade e a saúde” afirma o Lamas, polo que se adoptou esta decisión nunha xuntanza coa alcaldesa, Digna Rivas, e o resto do goberno local. Recoñece que se trata dunha medida “difícil”, ao suspender un mercado no medio da campaña de Nadal “con prexuizo para os vendedores ambulantes e tamén para o comercio e a hostalaría local”.

Redondela será novamente obxecto de análise esta vindeira semana na que, de seguir na actual tendencia de rebaixa de casos Covid, poderían rebaixarse o nivel de restrición. Se a situación sanitaria o permite, podería celebrarse a feira do 6 de xaneiro, xa que a festividade de Reis permite pechar ao tráfico a avda Mendiño, e dispoñer “de 4.000 metros cadrados máis”. Deste xeito, a separación entre os postos dos feirantes pode ampliarse “e cumplir co distanciamento que marcan os protocolos antiCovid”

O concelleiro insiste na importancia de seguir “cumprindo con todas as medidas de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias, como o uso de máscara, o distanciamento social, o lavado de mans frecuente, etc. Xa que é a única maneira de atallar o virus”. O propio Vicente Lamas garda uns días de confinamento domiciliario despois de que un traballador de Vías e Obras dese positivo en Covid-19. Tamén os operarios que tiveron contacto con este compañeiro están illados nas súas casas, se ben todas as probas PCR realizadas deron negativo.

Segundo marca o protocolo de actuación do Sergas terán que gardar corentena uns días, até coñecer os resultados dunha segunda PCR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará