Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As dependencias de Servizos Sociais locen un mural realizado pola Asociación Lenda

Mural Lenda. Servizos Sociais (10)

‘Mulleres, tecendo esperanza e futuro’ baseado nunha pintura de M. Granell, quere ser un recordatorio ao traballo e historia das mulleres de Redondela. O traballo xa pode verse nas dependencias de Servizos Sociais, e foi realizado por Manuel, José Ángel, Elisa, Benjamín, María, Alfonso e Claudia, alumnos e alumnas do Obradoiro de Terapia Ocupacional e pintura mural, da Asociación Lenda.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, achegouse onte ás dependencias municipais para felicitar aos artistas e facerlles entrega dun diploma acreditativo do seu traballo. Rivas salientou que “grazas ao traballo destes alumnos e alumnas, as dependencias de servizos sociais amosan un recordatorio á importante contribución das mulleres ao longo da historia de Redondela”. Ao mesmo agradeceu á Asociación Lenda “o seu traballo incansable a prol da integración social das persoas con problemas de saúde mental, un traballo ao que actividades como estas, que espertan a creatividade e fomentan o traballo en equipo, son fundamentais”.

A elección do motivo deste mural o marcou o feito de estar os Servizos Sociais de Redondela na contorna da antiga fábrica de Regojo, polo que se optou por resaltar a importancia que as mulleres tiveron en toda a actividade laboral do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará