Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leonardo Cabaleiro: “Para gobernar en minoría hai que ter cintura”

leonardo cabaleiro

A Agrupación local do PSdeG-PSOE de Redondela quere “cortar” posibles especulacións sobre as manifestacións realizadas por AER, nas que a agrupación que forma parte do goberno bipartito anunciaba que no vindeiro ano “decidirán se manterse no executivo local ou pasar á oposición”.

O secretario xeral dos socialistas redondeláns, Leonardo Cabaleiro, amosou a súa “sorpresa” por esta decisión, xa que se enteraron “polos medios de comunicación”. Cabaleiro sinala que “sempre mantiveron unha relación “transparente e de total colaboración para o bo funcionamento do goberno de coalición”.

Leonardo Cabaleiro, Secretario Xeral PSOE Redondela “Relación transparente e de colaboración”

O secretario xeral do partido en Redondela “respecta” as decisión que poida tomar AER e evita entrar a valorar os motivos da Agrupación de Electores, ao tempo que lles ofrece “un diálogo aberto e honrado” como mellor medio “para solucionar os posibles problemas”. Asegura que desde a formación socialista sempre cumpriron de xeito “escrupuloso” o acordo de goberno acadado hai ano e medio, e afirma que as relacións entre os concelleiros de ámbalas formacións sempre foron “fluídas, de absoluta normalidade e total colaboración”. Cabaleiro acredita a sobrada experiencia do seu partido en anteriores gobernos de coalición, sinala que o PSdeG-PSOE sempre se presenta ás eleccións “para gobernar”, e advirte que para iso “hai que mollarse e asumir responsabilidades”.

“Para gobernar hai que mollarse e asumir responsabilidades”

Recoñece que o labor de goberno da coalición en minoría “non é fácil”, ao precisar de acordos con outras formacións. Por iso destaca a importancia de ter “cintura” para negociar e chegar a un entendemento coas forzas progresistas. Confía en que o bipartito chegue “a bo porto” e poida rematar os catro anos de mandato xa que comparten un obxectivo común “o desenvolvemento de Redondela en todos os aspectos e devolverlle a normalidade democrática logo de anos de gobernos conservadores”.

Agarda que o bipartito poida rematar os catro anos de mandato

Finalmente, Leonardo Cabaleiro quere deixar claro o respaldo “total e sen fisuras” á xestión da alcaldesa de Redondela Digna Rivas e insistiu en estar “abertos ao diálogo tanto con AER coma con todas as forzas políticas que teñan unha visión progresista da sociedade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará