Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pagamento dos recibos de lixo, vados de garaxe e taxis

vado

Mañá venres, día 18, remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do lixo, Taxa por entrada de vehículos (vados) e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) correspondentes ao exercicio 2020. Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio os recibos poderán solicitar un duplicado na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na rúa Ernestina Otero, 35, en horario de atención ó público de mañás de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e tardes de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas. Na Oficina de Chapela, na avda. de Redondela, 19, poden facelo os mércores de 9:00 h a 14:00 h. Para máis información poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte 986 408 374, ao correo electrónico redondela@canaltributos.com ou a través da Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es.

Unha vez finalizado este prazo de período voluntario de pagamento, o cobro realizarase por vía executiva aplicando as recargas de apremio regulamentarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará