Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Redondela denuncia que o goberno municipal cede ante os intereses de Sacyr

XoanCarlosBNG


Xoán Carlos González, afirma que se accede á petición da empresa de non prorrogar o contrato de limpeza de edificios municipais, “únicamente porque non lle é rendíbel económicamente”
No Pleno de novembro, un dos puntos que maior polémica suscitou, referíuse á proposta da concesionaria de limpeza de edificios municipais, Sacyr de non prorrogar dous anos máis de contrato. Os votos de PSOE e AER e abstención do PP, permitiron que a empresa se desvincule do asinado en decembro de 2016.
Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego, decidíu non apoiar a proposta, “porque vai en contra dos intereses económicos municipais”, afirma o voceiro nacionalista. “A única razón que se esgrimíu, residía en que o contrato xa non lle era rendíbel económicamente a Sacyr”, desvela.
Para o edil nacionalista, trátase dun feito moi sintomático, da actitude do goberno de Digna Rivas, coas concesionarias. “Dende o BNG, somos conscentes que o servizo prestado por esta concesionaria de limpeza de edificios municipais era moi deficiente, mais existen diferentes instrumentos, como un réxime sancionador, para forzala a cumprir o su contrato”, engade.
Entende o edil nacionalista que ao goberno, correspóndelle un seguemento estricto do servizo, e defender os intereses da veciñanza. “Con esta decisión, a quen se beneficia é á empresa”, considera.
Recorda que Sacyr gañou o concurso público para asumir a limpeza de edificios municipais, cunha diferenza anual duns 30.000 euros, respecto a outras empresas. Ese aforro, vaise perder, no caso de que se volva a celebrar un concurso de concesión.
Cuestiona igualmente, que o goberno municipal se decante por contratar unha empresa para a elaboración do pregos de prescripcións técnicas do novo contrato, “cando ata agora realizábase por técnicos municipais”.
Dende o BNG, seguen considerando que a xestión directa do servizo de limpeza, é factible económicamente, máis xusta laboralmente, e máis social. “Na negociación dos orzamentos do ano 2021, non imos pasar máis que por recuperar a xestión directa deste servizo”, remata na súa nota Xoán Carlos González

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará