Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ciencia e diversión, este Nadal en Pazos

ciencia

Esta semana arranca a programación de Nadal dirixida aos rapaces de Pazos de Borbén con contacontos, un obradoiro de recuperación da toponimia do municipio e varias actividades relacionadas coa divulgación da ciencia. O Péndulo de Newton, a bola de plasma, os motores de stirling ou os paneis solares convértense en xoguetes para os nenos nestas actividades nas que aprenden sobre a astronáutica, as mulleres científicas ou a reciclaxe.

Ana Míguez, encargada de impartir os obradoiros

Malia as restricións impostas pola pandemia, os nenos de Pazos de Borbén poderán gozar de diversión este Nadal cun programa de actividades que comeza este xoves, 17 de decembro, cun contacontos dirixido aos alumnos de terceiro e cuarto de primaria do CEIP “Curros Enriquez” a cargo de Patricia Martínez.

Programación que continuará o venres 18 e o martes 22 con dúas actividades centradas na divulgación da ciencia: un escape room e un contacontos. Propostas que axudan aos rapaces a mergullarse nunha área de coñecemento que fomenta a súa imaxinación, creatividade e reflexión ademais de abrirlle as portas a conceptos que lle serán moi útiles na súa vida estudantil e que espertan a súa curiosidade como recoñece a bióloga Ana Míguez Dacosta, promotora da actividade e responsable de “Héroes para la ciencia”.

Os nenos decubren o seu interese pola ciencia

No “escape room”, os rapaces terán que superar varias probas, resolver adiviñas sobre a ciencia para chegar ao premio e atopar a chave que lles permitirá saír da habitación. No caso dos contacotos, dirixidos a nenos de infantil, mestúrase a temática de Nadal, co Apalpador de protagonista, e a ciencia.

En que consiste un “escape room”
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará