Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baixan a 91 os novos casos de Covid en Redondela, 6 deles detectados no cribado

PCRmeixoeiro

A incidencia do virus vai en descenso no municipio redondelán. Segundos os últimos datos do Servizo Galego de Saúde, son 91 os casos novos diagnosticados nos últimos 14 días. O número total de persoas coa enfermidade activa a día de hoxe é de 100. Dos últimos positivos confirmados, 6 foron diagnosticados grazas ao cribado masivo realizado a pasada semana entre a poboación de Redondela. Un total de 3.000 veciños estaban citados polo Sergas para someterse a unha proba PCR, aínta que tan só a metade, 1.509, se presentaron no hospital para facer o test. Unha participación moi inferior á da media deste tipo de cribados que se están a realizar en diferentes puntos de Galicia, e que supera o 70%. En moitas localidades, como Tui, un equipo de sanitarios desprazouse ao municipio para facer as PCR, e facilitar a participación da veciñanza. No caso de Redondela foron os cidadáns os que tiveron que desprazarse máis de 20 quilómetros para realizar a proba nos hospitais Meixoeiro ou Álvaro Cunqueiro, o que puido provocar a baixa participación.

A incidencia acumulada nas dúas últimas semanas segue a ser alta, con 311 casos por cada 100.000 habitantes. A alcaldesa, Digna Rivas, insiste en que malia o descenso na incidencia da Covid “non podemos baixar a garda” e hai que seguir cumprindo “todas as restriccións e medidas de seguridade” para poñerlle freo á pandemia.

Illados varios traballadores municipais logo de detectarse un positivo

Parte do persoal de Vías e Obras do Concello de Redondela está en corentena domiciliaria, como medida de precaución logo de que se detectase un caso de positivo de Covid entre os traballadores. Os operarios que tiveron contacto con este compañeiro están a realizar as probas PCR, para descartar que existen máis casos de Covid entre o persoal. Segundo marca o protocolo de actuación do Sergas terán que gardar unha corentena de dez días até coñecer os resultados dunha segunda PCR. Entre os afectados están os concelleiros de Vías e Obras e Parques e Xardíns, Vicente Lamas e Alberto Álvarez. Fontes municipais informan que as probas diagnósticas realizadas a ambos resultaron negativas.

Sobe a incidencia da Covid en Soutomaior

O Concello veciño de Soutomaior disparou o número de casos diagnósticados, con 31 novos positivos nas dúas últimas semanas. Estes datos elevan a incidencia acumulada ata os 419 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. O Concello de Soutomaior está pechado perimetralmente. A hostalaría pode estar aberta ata as 23.00 horas ao 40 % de aforo no interior e 50 % no exterior con agrupacións de máximo 6 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará