Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello promove o comercio local coa campaña “Merca en Redondela. Merca na Casa”

Presentación campaña de Nadal

O obxectivo do goberno local é fomentar o comercio de proximidade “que nos ofrece todo o que precisamos para estas datas, cunha indubidable calidade e un esmerado servizo”, asegura a alcaldesa Digna Rivas. A campaña desenvolverase “tanto online como de xeito presencial”. Haberá agasallos directos e un sorteo de Cestas de Nadal para os que merquen no comercio local.

O Multiúsos da Xunqueira acolleu onte a presentación da campaña de Nadal do Concello redondelán “Merca en Redondela. Merca na casa” unha iniciativa coa que o goberno local quere “reafirmar o compromiso co comercio local ante a grave situación que a pandemia está a provocar neste sector produtivo”. A alcaldesa, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Comercio, María Castro e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, deu a coñecer unha campaña que busca que a cidadanía, á hora de planificar as súas compras, “teña como primeiro punto de referencia o noso comercio, o máis próximo e o que dinamiza a economía local”, afirmou a rexedora local na presentación. A campaña desenvolverase “tanto online como de xeito presencial” con elementos decorativos como vinilos para os escaparates e adornos. Ademais, buscáronse fórmulas para facilitar a compra en Redondela e Chapela mediante descontos no aparcadoiro. Doutra banda, o soporte audiovisual cobrará unha especial importancia cun vídeo no que se anima á veciñanza a mercar no comercio local e que adquirirá un notable protagonismo nas redes sociais. Pero ademais, mercar en Redondela terá premio. A campaña ofrece aos clientes agasallos directos como bolsas de tea personalizadas, e a oportunidade de entrar no sorteo de cestas de Nadal, todas elas mercadas polo Concello de Redondela no comercio local.

Rivas quixo reafirmar o seu compromiso e o do seu Goberno “co comercio que temos ao noso carón, co que xera riqueza e emprego no municipio e que está a levar a peor parte na crise provocada pola Covid-19”. Nesa liña, a rexedora local fixo un chamamento á veciñanza a que “merque no comercio local, que ten unha calidade excepcional e ofrece un trato personalizado, próximo e amable”. Insiste en que “non é preciso saír dos nosos limites para atopar todo o que necesitamos”. E pediu á veciñanza que este Nadal felicite as festas “mercando en Redondela, mercando na casa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará