Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sergas chama a 1.600 veciños de Chapela para o cribado da Covid

CovidAUTO

As probas PCR realizaranse no CovidAuto do Hospital Meixoeiro mañá sábado, en dúas quendas de mañá e tarde. Trátase do segundo cribado masivo entre a poboación do Concello, logo de que a pasada semana foran sometidos aos test os veciños pertencentes ao cupo do Centro de Saúde de Redondela. Nesta ocasión son 1.600 veciños de Chapela os que foron convocados a través de mensaxes SMS nos seus teléfonos móbiles. O obxectivo é detectar posibles casos postivos entre persoas asintómaticas, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública. Ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e ao ser potencialmente contaxiosas seguen a propagar o virus. A participación nestes cribados é completamente voluntaria, pero moi recomendable. A alcaldesa, Digna Rivas, insiste na importancia de acudir a facer a proba “para atallar o virus”, como fará ela mesma ao estar citada para este cribado masivo dentro do sorteo aleatorio.

A alcaldesa, Digna Rivas, insiste na importancia de participar nos cribados

A partipación no cribado realizado a semana pasada entre os veciños de Redondela permitiu detectar 6 casos positivos de Covid, malia que contou cunha baixa participación. Tan só o 50% dos que estaban chamados a facer a proba acudiron ao hospital. En concreto pasaron o test 1.509 persoas, das 3.000 que estaban convocadas. O feito de que as probas para os veciños de Chapela se celebre en sábado podería axudar a aumentar esta participación.

Mellora da situación epidemiolóxa

A situación epidemiolóxia no municipio de Redondela mellora, cun descenso paulatino de casos. Os últimos datos da Consellería de Sanidade apuntan 79 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días. Con todo, o Concello segue no nimvel máximo de restriccións, xa que a incidencia acumulada aínda supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes. A próxima semana haberá unha nova xuntanza do Comité Clínico da Xunta de Galicia, que podería adoptar cambios e rebaixar as medidas de restricción se a tendencia segue á baixa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará