Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Papá Noel xa realizou máis de 4.000 “video saúdos” en Redondela

Noel

Logo da primeira fin de semana de entrar en funcionamento, a mensaxe de Papá Noel a través da páxina web www.nadalenredondela.com xa acadou máis de 4.000 visitas. No enderezo de internet, e introducindo o seu nome, os nenos e nenas de Redondela poden recibir un saúdo personalizado do mesmísimo Papá Noel, nun proxecto realizado e desenvolvido integramente dende Redondela.

Este Papá Noel tan redondelán, transmítelle aos rapaces a súa felicitación de Nadal e cóntalles todo o traballo que lle queda por facer ata levar os agasallos aos seus fogares. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a extraordinaria acollida desta páxina que, dixo, “forma parte das iniciativas que durante este Nadal se dirixirán aos nenos e nenas. Non imos permitir que a pandemia que estamos a vivir, que nos priva de moitísimas cousas, prive aos máis pequenos e pequenas da ilusión do Nadal”.

A Casa de Papá Noel en Redondela e nas parroquias

Os rapaces terán tamén a oportunidade, do 15 ao 24 de decembro, de visitar a Casa de Papá Noel instalada na alameda de Castelao. Este ano, e debido ás medidas de seguridade sanitaria, nenos e nenas non poderán entrar na casa e recibirán o saúdo de Papá Noel que estará ás portas da mesma.

Para evitar aglomeracións, o Concello de Redondela habilitou un amplo horario de visitas de xeito que estas pódanse facer de xeito escalonado. Así, do 15 ao 23 de decembro, nenos e nenas poderán visitar a Papá Noel en persoa, entre as 17 h e as 19:30 horas. E o día 24 de decembro, dende as 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19 horas. Pero Papá Noel tamén estará cos máis pequenos e pequenas de Chapela e o fará na Alameda de Rosalía de Castro os días 20, 23 e 24 de decembro. Os días 20 e 23 poderán visitalo de 17 h a 20 horas, e o día 24 de decembro de 10:30 h a 14 horas. Finalmente, Papá Noel tamén visitará as parroquias de Redondela para que os nenos e nenas poidan gozar destas datas máxicas do Nadal. O fará os días 22 e 23 de decembro de 16 h a 20:30 horas.

Entradas para os espectáculos de Nadal

As entradas para as funcións e concertos que se celebrarán nos auditorios de Redondela e Chapela poñeranse á venda mañá martes, 15 de Decembro, ata completar aforo permitido. Polos escenarios redondeláns pasarán Alberto Vilas, o mago Dani García, Latexo Percusión, Os Bolechas, a Orquestra de Saxos e Uxía Lambona, entre outros. As entradas para a función de Paco Nogueiras do 27 de Decembro no multiúsos de Chapela están á venda no multiúsos de Redondela e no de Chapela. Todos os espectáculos serán retransmitidos en directo a través do Facebook do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará