Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cuni Orge:”AER non cre no matrimonio para toda a vida”

Cuni2

A Agrupación de Electores de Redondela entrou a formar parte do goberno local de Redondela en xullo de 2019 en coalición co PsdG-PSOE. Entenden que agora é tempo de valorar “se conintúan ou non”, tal como fixeron público nun comunicado esta fin de semana. A reflexión e a autocrítica forman parte do ADN de AER, e o debate interno “é continuo”, sinala Cuni Orge, membro da agrupación. En xullo de 2021 producirase o tradicional relevo dos concelleiros de AER, ao chegaren á metade de mandato, e terán que decidir se as persoas que se incorporen á corporación o farán como membros do goberno ou como parte da oposición.

Recoñecen que o goberno de coalición ten “un encaixe difícil” porque a filosofía de AER, que naceu como contraposición aos partidos tradicionais, é “moi diferente” á do PsdG-PSOE. Con todo, sinalan que sempre foron “leais e responsables”. Lembra Orge que nunca cuestionaron publicamente a xestión nas áreas dos socialistas “porque as discrepancias facémolas internamente no goberno local”. En todo caso advirte que non se trata de cuestións “críticas” que puideran causar unha ruptura “traumática” en caso de habela.

Este é debate aberto en AER desde que entraron a formar parte do goberno, xa que se ben “non é unha catástrofe”, explica Orge, si hai diferencias entre a súa formación e o grupo socialista que provocan “pouca sintonía” entre os socios de goberno. Por iso a formación abre agora un período de “reflexión” no que convidan tamén a participar á veciñanza. O obxectivo é valorar “se este é o mellor goberno que pode ter Redondela”.

Preguntado por se recibiron algunha valoración dos socios de goberno a este anuncio, Orge limítase a facer referencia a algún comentario nas redes sociais que cualifica de “extemporáneo” e que “xa está borrado”. En todo caso, entende que “non debeu sorprenderlles” porque en caso contrario “é que non coñecen a filosofía de AER”. A agrupación, explica Orge, non cre no matrimonio “para toda a vida” e está afastada de posturas “acomodaticias”

Desde a formación aseguran que, sexa cal sexa a decisión, o compromiso de AER coa veciñanza “será da mesma intensidade de sempre”, tanto se seguen no goberno como se volven á oposición. AER conta con 3 concelleiros na corporación local, dun total de 21 edís. Forman goberno co grupo socialista, que conta con 7 concelleiros, sen maioría absoluta. Na oposición son 11 edís, 9 do PP e 2 do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará