Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende o programa de conciliación de Nadal

campamentos
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que nesta decisión primou “a seguridade e a saúde”

As familias redondelás non contarán este ano cos campamentos que organiza o concello nestas festividades para favorecer a conciliación das nais e pais durante as vacacións dos seus fillos. Unha decisión que responde, segundo explica o goberno local “á complicada situación sanitaria” na que se atopa o municipio, en nivel máximo de restricións e peche perimetral, e “para non poñer en risco aos participantes e as súas familias”.

A menos de dúas semanas de que os rapaces comecen as vacacións de Nadal, o concello de Redondela vén de anunciar que este ano vese na obriga de cancelar o programa de conciliación que organiza habitualmente por esta datas, por mor da COVID-19. Uns campamentos que o ano pasado desenvolvéronse en dez parroquias do municipio e nos que participaron 165 rapaces de entre 3 e 14 anos entre o 23 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas.

Malia barallar distintas alternativas para poder desenvolver o programa de conciliación de Nadal, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “ningunha delas garante plenamente a saúde e seguridade dos participantes” dada a dinámica das actividades, organizadas en grupos de rapaces de varias idades baixo a dirección dun monitor. A interacción e a convivencia dos menores de diferentes idades pode ser un factor de propagación do virus e suporía rachar cos “grupos burbulla” creados nos centros educativos, núcleos de convivencia estables que evitan o risco de contaxio. Rivas considera que os campamentos implicarían romper eses grupos seguros mesturando nenos e nenas de diferentes idades “o que suporía un evidente risco para a saúde”.

Porén, manter o programa de conciliación de Nadal converteríase, di, “nun risco inaceptable ao estar falando da seguridade dos nosos fillos e fillas e das súas familias”. A alcaldesa pide comprensión ás familias afectadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará