Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Tres Porquiños de Educateatro inauguran a programación de Nadal

OsTresPorquiños

As entradas para ver a obra no auditorio da Xunqueira xa están agotadas para a función do domingo ás 18.00 horas, pero todo o público que o desexe poderá seguir a función en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela. Educateatro volvará á programación de Nadal o 28 de decembro, será coa obra Carapuchiña Vermella, con dobre función.

A piques de rematar este ano tan complicado por mor da pandemia, Xandre Vázquez amósase moi ilusionado por levantar o pano de novo en Redondela. O produtor da compañía lembra que foi no auditorio da Xuqueira onde estrearon Os Tres Porquiños, hai case sete anos. Desde aquela, estes porquiños teñen feito moitos quilómetros, percorrendo escenarios por toda Galicia e tamén fóra da nosa comunidade. Agora será outra xeración de redondeláns a que poida ver este clásico reinventado, que se actualizou tamén con diferentes melloras nos últimos anos.

As entradas están esgotadas, as limitacións de aforo reducen a tan só 75 os espectadores no auditorio, pero todos os que o desexen poderán seguir a función en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela. Será o domingo, día 13, ás 18.00 horas.

Desde Educateatro dedican esta función á memoria de Jose Manuel Monroy “que por desgraza, non nos poderá axudar tanto como nos axudou nos nosos comezo”, lamenta Vázquez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará