Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de saneamento obrigan a cortar o tráfico no Camiño de Parada en Chapela

corte trafico

O peche só se manterá mentres os operarios traballen na zona e prevese que as obras rematen en dúas semanas.

A Concellería de Medio Ambiente informa do corte temporal na circulación de vehículos no Camiño de Parada, na parroquia de Chapela por mor das obras que a empresa Aqualia está a realizar. Uns traballos que consisten na reposición do saneamento no Camiño de Parada no cruzamento co Camiño da Pega, o que obriga a cortar a circulación durante o horario no que se executen as obras.

Dende o departamento de Medio Ambiente aconsellan á veciñanza que utilice vías alternativas como o Camiño da Lavandeira, a Subida á Traída ou a Subida Pé do Pandeiro, aínda que a estrada volverá abrirse á circulación fóra do horario laboral dos operarios de Aqualia.

A previsión do concello, é que en dúas semanas se restableza a normalidade no tráfico unha vez finalicen as obras na rede de saneamento, aínda que dependerá, advirten, da evolución dos traballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará