Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un paso atrás no desmantelamento da presa do Inferno e a recuperación do río Verdugo

presa

Augas de Galicia deixou caducar o expediente de extinción da central hidroeléctrica Ponte do Inferno que afecta aos ríos Verdugo e Oitavén polo que se iniciaba o trámite de finalización da concesión e se abría o proceso de rexeneración ecolóxica da zona afectada por esta presa dende hai máis dun século.

Malia que o Plan Hidrolóxico de Galicia recolle que o prazo de concesión para a central hidroeléctrica rematou en marzo de 2017, despois de 131 anos de explotación, a empresa continúa a turbinar o río e o muro de doce metros segue a cortar o fluxo de auga. A decisión de Augas de Galicia de deixar caducar o expediente “supón tres anos máis perdidos para o río e para a súa biodiversidade”, subliña Jesús de la Fuente, dende o colectivo A Rente do Chan-PLADEVER, que advirte que esta decisión da entidade dependente da Xunta supón paralizar todo o feito nestes tres anos e reiniciar o proceso.

Jesús de la Fuente, A Rente do Chan-PLADEVER

De la Fuente salienta que isto se traduce en que a “empresa continuará beneficiándose ilegalmente dun río que está a prexudicar, provocando un grave dano á biodiversidade do Verdugo e Oitavén”, ademais da pesca e o marisqueo na ría.

Prexuízos para o río e para a pesca e marisqueo da Enseada

O colectivo lembra que as irregularidades da presa foron continuadas ao longo dos anos e recoñecidas incluso polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Naturgy, malia non cumprir a Lei de pesca nin de augas non deixou de turbinar. Explican que non se cumpre co caudal ecolóxico mínimo, que non existe un mecanismo para que os peixes poidan remontar o río, nin unha reixa que impida que rematen triturados. Lamentan que Augas de Galicia non “estea velando pola integridade dos ecosistemas fluviais”.

Irregularidades da presa

Dende a “Rente do Chan-PLADEVER” comezarán unha campaña informativa e reivindicativa para mobilizar á cidadanía como aconteceu no ano 2018, cando protagonizaron manifestacións e actividades para demandar o desmantelamento da presa e a recuperación ecolóxica da zona.

Campaña informativa e reivindicativa

Ás peticións de rematar co muro de doce metros do río Verdugo, sumábase nos últimos días o concello de Soutomaior coa sinatura dun manifesto no que se insta á eliminación da presa e a posterior restauración da canle orixinal do río o que suporía a recuperación dun tramo de 2km do río Verdugo e 5km do río San Vicente, ademais da elaboración dun plan para a restauración ecolóxica do espazo. Tamén todos os partidos con representación no concello de Ponte Caldelas, salvo o PsdeG, uníronse a esta petición na última semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará