Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os sindicatos CSIF e CIG demandan “diálogo” do goberno local e rematar coas “presións”

concelloREdondela

As dúas organziacións sindicais denuncian “desigualdades e presións” que afectan aos traballadores do Concello de Redondela. Explican que leban meses reclamando medidas concretas do goberno local que pasan por “cubrir as baixas laborais e convocar unha oferta pública de emprego”. Demandan “uns criterios obxectivos e maior transparencia” nas decisión que afectan ao cadro de persoal, para evitar “situacións de desigualdade”. Denuncian que varios traballadores e traballadoras están a sufrir “presións” por parte do goberno local “tanto en horas laborais como fóra do horario establecido” e mesmo “medidas de represión” contra os representantes sindicais “por defender os dereitos laborais”. CSIF e CIG solicitan ao goberno local “un diálogo honesto” que poña por diante “a mellora dos servizos públicos, a transparencia nas decisións, o respecto aos dereitos laborais e a defensa das condicións óptimas de traballo fronte a situacións de desigualdade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará