Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avalancha de chamadas na Polícia Local polas dúbidas sobre o peche perimetral de Redondela

RedondelaRestriccións

O Concello de Redondela espertou hoxe confinado perimetralmente. As entradas e saídas do municipio tan só poden realizarse por motivos xustificados. Esta nova situación levou a ducias de veciños a poñerse en contacto coa Policía Local para resolver as súas dúbidas.

Foron ao redor dun cento de chamadas as que recibiron na centralita desde a xornada de onte. A posibilidade de desprazarse fóra de Redondela, ou dúbidas sobre vaixes programadas foron as dúbidas máis habituais que recibiron os axentes. As restriccións establecidas pola Xunta de Redondela, e que están en vigor desde a pasada medianoite etablecen a prohibición de entrar ou sair do municipio sen causa xustificada. As autoridades lembran que a mobilidade está permitida no caso de desprazarse por traballo, estudos, consultas médicas ou outras de forza maior. O Concello decidiu tamén suspender a feira do próximo domingo, día 6, por mor da situación sanitaria.

Terrazas limitadas polo horario e a chuvia

A hostalería pode abrir desde hoxe, pero só nas terrazas e cunha ocupación do 50%. O máximo de ocupación por mesa é de 4 persoas, sexan ou non conviventes. O horario de peche establécese ás 17:00 horas. Os locais con servizo a domicilio e a recollida no establecemento remata ás 23:00 horas. O toque de queda segue igual, de 23:00 a 06:00 horas.

Redondela mantén 117 casos activos de Covid-19

O goberno local solicitou ao Sergas que se realice un cribado masivo con probas PCR á poboación de Redondela, dado o incremento de casos nos últimos 15 días, pero aínda non obtiveron resposta por parte das autoridades sanitarias. A día de hoxe, en Redondela hai 117 casos activos de Covid, e as persoas en seguemento por ser contacto estreitos dun positivo ascenden a 419.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará