Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe a reapertura do Skatepark de Redondela

skate

Hai dúas semanas o goberno local decidiu pechar o Skatepark da avda. Mendiño “ante o aumento de casos da Covid-19” e co obxectivo de “frear os contaxios”. O grupo municipal nacionalista entende que este espazo deportivo ao aire libre “é dos lugares máis recomendables e seguros” para a mocidade, polo que demandan a súa reapertura.

A concelleira Jessica García suliña que se trata dun lugar “onde se pode facer deporte individual ao aire libre”, e dos poucos espazos “gratuítos e de ocio” aos que a xuventude de Redondela ten acceso. Advirte que mozas e mozos de Redondela “asumen tódolos días nos centros de ensino as súas responsabilidades individuais e colectivas para amainar a propagación do virus, polo que precisan de espazos ao aire libre para desenvolver a súa actividade social igual que os adultos”.

O BNG rexeita que se responsabilice á mocidade dos contaxios da Covid-19 co peche o Skatepark. García demandou información por escrito “para que o goberno local explique en base a que datos concretos tomaron a decisión de pechar unicamente este espazo de ocio urbano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará