Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A gratuidade da peaxe é un compromiso en firme”

ap91

Non hai datas concretas porque, segundo explicaron os socialistas, a tramitación da liberalización da peaxe está condicionada a que se aproben os orzamentos do Estado. En todo caso, dende o PSOE insisten en que esa gratuidade “está comprometida nas contas públicas, o que amosa un compromiso firme por parte do goberno e un empeño do propio ministro de Transportes e Mobilidade, José Luis Ábalos”.

Non hai data para a liberalización da peaxe

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada dos deputados socialistas Angela Marra e Guillermo Meijón, e outros concelleiros do PSOE, escenificaban este sábado ante a peaxe de Rande un “logro histórico: a liberalización dunha peaxe que é un prexuizo para toda a cidadanía”.

Un compromiso que se converterá en realidade en canto se aproben os orzamentos, explicaron os socialistas, e que permitirá mellorar notablemente a mobilidade do veciños e veciñas entre Redondela e Vigo” dando resposta a unha “reivindicación histórica que por fin se vai facer realidade”.

Angela Marra, deputada do PSOE

Unha inxustiza, explicaba Meijón “respecto doutras localidades que contan cunha circunvalación gratuíta sen ter que pagar unha peaxe inxusta que si están a pagar os redondeláns”.

Guillermo Meijón, deputado PSOE

No mesmo sentido manifestábase Rivas quen criticaba que durante anos “o PP de Redondela fixo campaña con este tema e que, malia gobernar durante 8 anos en Madrid, non foi quen de eliminar esta inxustiza”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará